domingo, 24 de xaneiro de 2021

 Para comezar con esta andaina, @s mestras propuxéronnos realizar unha actividade sobre o Nadal, ao que respondemos encantad@s, son unhas datas máxicas e gústannos moito. 

Así, o grupo de 1.º e 2.º de primaria debuxamos os nosos desexos para o Nadal e, despois, fixemos un vídeo para contárvolos. 

Aí vos deixamos o vídeo, agardamos que vos guste: 

Agora tócalle a quenda ao grupo de 4.º de primaria. Tamén traballamos sobre o Nadal, pero desde unha perspectiva temporal, coñecendo como pasaban estas datas os nosos maiores. 

Agardamos que vos guste! 











Por útlimo, é a quenda do alumnado de 6.º que tamén entrevistou aos seus familiares para coñecer cales eran as inquedanzas e o que botarían de menos este Nadal. Agardamos que vos gusten! 










 

A través desta actividade pretendemos, por un lado, achegarnos ao Nadal que vivían os nosos avós e as nosas avoas; por outro lado, coñecer cal é a visión dos nosos familiares respecto a como serán as celebracións este ano; e, por último, indagamos no que para nós é o máis importante destas datas. 

Agardamos que gocedes con esta actividade! Hai moitas maneiras de pasalo ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ata aquí chegou este proxecto que comezamos con moita ilusión e con moitas ganas.  Desexamos que vos gustaran as nosas actividades, fixémola...