xoves, 14 de xaneiro de 2021

Benvida

 Benvidos e benvidas ao blog do proxecto de innovación en dinamización lingüística do CPI de Xanceda durante o curso 2020/2021.

Somos o alumnado de 1.º, 2.º, 4.º e 6.º de Educación Primaria. 

Esta plataforma será a que empreguemos para dar visibilidade ás nosas creacións e, por extensión, ao noso proxecto. 

Comezamos este proxecto con moita ilusión e moitas ganas de darlle o valor que a nosa lingua ten. 

Pretendemos convertirnos nunha especie de xornalistas durante o curso, para o cal imos traballar diferentes aspectos relacionados coas áreas curriculares e cos elementos transversais. Imos enfocar o proxecto baseándoo nos seguintes eixos: 

  • A información, principalmente da nosa contorna. 
  • A tradición. 
  • O papel da muller na nosa sociedade. 
  • A lingua galega como elemento comunicador. 

Agardamos que gocedes das actividades que vaiamos realizando! 

 Imos aló!!!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Ata aquí chegou este proxecto que comezamos con moita ilusión e con moitas ganas.  Desexamos que vos gustaran as nosas actividades, fixémola...